
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
20 Maio de 2017 / 12:00 h.
GratisA partir dos contos e obras de teatro infantil de Carlos Casares, o bardo Abelardo (Servando Barreiro) fai unha adaptación dos mesmos para podelos contar e cantar acompañado da súa concertina. O resultado é un espectáculo con contos intercalados con cantigas participativas, o que lle confire unha gran forza rítmica para captar a atención de todo o público.
Espectáculo de celebración do Día das Letras Galegas, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.