
As catro estacións de Vivaldi. Concerto Día da Biblioteca
23 Outubro de 2018 / 18:30 h.
Música a cargo de SanArte. Cordas e Letras, acompañada da narración de Sole Felloza.
Celebramos o Día da Biblioteca con este espectáculo nace do amor á música e ás historias. Amor pola arte que todas as persoas, pequenas e non tanto, precisan gozar de cando en vez.
SanArte convida a todos e todas a unha viaxe polo pentagrama, para celebrar de preto historias feitas neste caso, de letras e cordas. Actividade de dinamización con música, teatro e danza.
Para todos os públicos.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.