
AS AVENTURAS DE GALE
8 Abril de 2017 / 12:30 h.
€3Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.
Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento e por iso mesmo precisa da nosa axuda.
Dirección, actriz e titiriteira: Celtia Figueiras
Guitarra e violín: Carlos G. Fandiño
Acordeón, frautas e voz: Sonsoles Penadique
Iluminación: Fernando Martínez de Vega
Espazo sonoro: Luis Vallecillo
Texto: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende