
“As aventuras de Gale” de A Xanela do maxín
17 Outubro de 2017 / 18:30 h. - 19:30 h.
€5Gale conducirá as nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que
protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo. Unha
historia que nos axudará a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.
XXII Festival Galicreques
Para miúd@s de máis de 6 anos.