
As andanzas de Paio
18 Xuño de 2017 / 18:30 h.
GratisVaioviravai presenta As andazas de Paio, un espectáculo musical infantil protagonizado por tres divertidas personaxes -Roni, Kiko e Chamuco, que, xunto a Paio e a súa banda de musicólogos, interprentan as cancións do libro-disco fiándoas cunha divertida trama na que teñen un papel moi especial as coreografías coas que os bailaríns conquistarán aos pequenos da casa. Para esta aventura, a tripulación de musicólogos precisa dun novo membro. Despois de moitas probas, Kiki e Chamuco son os finalistas. Cal dos dous será o escollido?
Recomendado ata 10 anos