
Arlequina de Os Monicreques de Kukas
29 Marzo de 2019 / 18:30 h.
Divertida, misteriosa e trepidante aventura dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequinan na procura da súa identidade e que conta para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro. Espectáculo de gran formato que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de monicre-ques e a maxia coa música en directo.
+ 4 anos
Entradas: 4 euros. Outras modalidades e adquisición en compostelacultura.gal