
AnimandoNós
29 Decembro de 2016 / 11:00 h. - 14:00 h.
Valéndonos das imaxes do álbum Nós de Castelao e atendendo ao seu estilo e capacidade de síntese, @s participantes neste obradoiro tratarán de reproducir o trazo da súa obra utilizando os medios audiovisuais para realizar unha pequena curta de animación en stop-motion.
A través do audiovisual trataremos de afondar nas historias que aparecen nas láminas. Para iso, @s participantes terán que facer un exercicio de inventiva e elaborar un pequeno guión cinematográfico. A partir de aí elaborarán as personaxes e comezarán a animación da curtametraxe. Para miúd@s de 8 a 12 anos.