
Andaina micolóxica, os cogomelos da nosa cidade
18 Novembro de 2017 / 11:00 h.
€3 - €5Andaina micolóxica, os cogomelos da nosa cidade
Características do obradoiro:
Responsable:
Martín Souto Souto, micólogo e conservador do Herbario SANT da USC.
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía.
Daniel Castro Fernández, doutor en Bioloxía, especialista en Botánica.
Contidos:
- Paseo dende o Museo de Historia Natural ata a Granxa do Xesto e a súa contorna, durante o cal se realizará a recollida de cogomelos.
- Finalmente realizaremos unha mostra dos cogomelos recollidos na Granxa do Xesto, identificando as diferentes especies, o seu valor gastronómico e a súa toxicidade.
Tamaño e perfil do grupo
Adultos ou nenos acompañados de adultos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa , polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e Horario
Sábado, 18 de novembro
A duración será de 3 horas (11:00 – 14:00).
Prezo
Nenos (<12anos)= 3 €
Adulto = 5€
Ficha de inscrición – próxima apertura