
“AMOUR” Marie de Jongh (Euskal Herria)
22 Setembro de 2018 / 18:30 h.
Unhas crianzas xogan no país onde todo empeza. Imitan os maiores… Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro signicado. Non dubidan en se enemistaren antes, mesmo, de atopar a palabra odio nos seus petos. Saben de olores, pel, aloumiño, abandono, refuxio, desexo. Non saben do tempo.
E de súpeto, transcorreron máis de sesenta anos. Agora, envellecidos, sacan dos petos multitude de palabras que caen como follas murchas. E, paradoxalmente, non dubidan en se enemistar cando xa coñecen o verdadeiro signicado de amar.
Saben do tempo. O que non saben é que o amor sempre nos dá unha oportunidade.
Programa PLATEA-INAEM
Entradas á venda en compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a
sábado + días de evento, de 18 a 21 h).
Prezo: 4 €. Bono familiar: 12 € (4 entradas)