
A procura das Herbas de San Xoán: roteiro no entorno de Santiago
21 Xuño de 2017 / 16:30 h. - 19:30 h.
Actividade en colaboración co Servizo de Deportes da USC
- Roteiro circular con saída na Piscina Universitaria no que nos achegaremos ao río Sarela e ás lombas do Pedroso na procura das Herbas de San Xoán.
- Farase entrega dun pequeno dossier sobre o tema.
Tamaño e perfil do grupo
Adultos e nenos acompañados de adultos. Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro. Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e horario
Mércores 21 de xuño
A duración será de 3 horas (16.30h – 18.30h)
Prezo
4€ con tarxeta TUI USC, 5€ menores de idade, 6€ adultos alleos á USC
Ficha de inscrición – prazas ofertadas en común coa Fundación USC Deportiva
Ter cuberta a ficha de inscrición unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase por correo electrónico ou por teléfono.