
A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR
27 Outubro de 2017 / 19:00 h.
Gratis“A Nena Que Quería Navegar” é o novo espectáculo familiar de Redrum Teatro
A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida.
Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
“A Nena Que Quería Navegar” é un espéctaculo familiar recomendado para rapaces e rapazas entre seis e doce anos. Nel tratamos o tema do acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.
A Nena é unha rapaza sen nome que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Traballar coa idea do reforzo positivo é unha das claves para previr o acoso escolar. Só un rapaz forte e cunha alta autoestima é quen de facer fronte ao acoso. Queremos que os nosos pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación de “A Nena que Quería Navegar” e teñan ferramentas para previlo.
Este é un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que mesturamos varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo.