
A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO
4 Xuño de 2017 / 12:00 h.
€6Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha chea de aventuras coas que continuarán a descubrir o mundo cos seus segredos, e o seu propio mundo interior.
As aventuras inciden directamente en temáticas xa esbozadas na entrega anterior: a solidaridade, o respecto cara a natureza, a identidade, o desenrolo do universo afectivo e a curiosidade por todo o que nos rodea .
As personaxes irán vivindo singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos e nenas, sinxela e xenerosa.
Nesta nova entrega as historias collen unha dimensión mais importante, pero tamén mais próxima á narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención mais poética.
Se coa edición pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas deixándolles un lugar propio no libro onde podan expresarse, no directo as cancións e a interpretación das personaxes protagonistas, a nena e o grilo, abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo e achegar as historias dende a súa perspectiva persoal.
Con todo, non nos resta mais que desexar: Boa viaxe!
Niños a partir de 2 años pagan su ticket.