
A maxia do Nadal
26 Decembro de 2018 / 18:30 h.
Obradoiro de maxia con David Méndez.
O mago ensínanos sinxelos xogos de maxia e as técnicas máis importantes para aumentar a capacidade imaxinativa e de coordinación, para perder o medo escénico e falar en público.
Co traballo en equipo foméntase a solidariedade e coñécense as diferentes especialidades da maxia.
Dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. Máximo 20 participantes.
Requírese inscrición previa:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/maxia-do-nadal-obradoiro-de-maxia-inscricion
No salón de actos da biblioteca.