
A historia do Apalpador e a súa axudante Trasniña
23 Decembro de 2019 / 18:30 h. - 21:00 h.
Cedemos o salón da actos a Os Furabolos para a representación desta peza teatral.
Este non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir no Nadal?
Neste espectáculo de Os Furabolos cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante Trasniña.
Nenas e nenos aprenden a soutar e cantan as cancións tradicionais sobre o personaxe.
Para público familiar.