
A casa do Terror
19 Xaneiro de 2019 / 18:30 h.
€4Tras o seu éxito con Estamos no verán!!!, Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un musical infantil e familiar moi rockeiro e terroríficamente divertido. Un espectáculo que se desenvolve entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo, moita participación do público asistente que será o protagonista desta nova aventura musical.