Un ano máis, Área Central e Enrique Viéitez, comisionario do día do deporte Solidario teñen o pracer de anunciar que o 9 de xuño celebraremos de novo a 4ª edición do Día do Deporte Solidario.
Con él queremos promover dúas causas tan importantes en canto a valores e principios na nosa sociedade, como son o deporte, e a solidaridade.
Cada ano son máis os clubes, organizacións e empresas que se suman e aportan o seu granito de area, xa sexa con actividades, talleres, demostracións expoñendo a súa labor nun stand. Podemos falar xa da consolidación deste día que se convirte nun evento máxico grazas a todos os participantes.
Eles fan posible que poidamos falar das máis de 60 actividades que se levarán a cabo nesta data.
Por outra banda, o obxectivo fundamental é axudar a A.C.E.M. Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple facendo unha homenaxe á súa labor, e destinando todos os fondos recadados a dita asociación.
Precisamos a vosa colaboración. Descubre nesta web todas as formas de participar.
¡Toda axuda será benvida!