
26 Set CLUB HÍPICO DE SANTIAGO: natureza e valores deportivos
Penso que a proposta de montar en pony ou a cabalo, cepillalos animais, coidalos…sona moi divertida, a que si? Non hai miúd@ que se resista!
Pois hoxe vouvos falar do Club Hípico de Santiago de Compostela, vaivos gustar a toda a familia!!!
Conta cunha experiencia de 35 anos . É un centro federado e homologado pola “Real Federación Hípica Española y Gallega” coa categoría 3 estribos.
A directora deportiva do centro é Milagros Brey, quen con moito cariño e saber facer dirixe as actividades do Club, e transmite a súa paixón polos cabalos a todas as persoas que queiran vivir a experiencia.
Está en Santiago de Compostela, na parroquia de Aríns, nun lugar privilexiado onde se une natureza e valores deportivos: unión, respecto e cariño polo cabalo e compañeirismo, deportividade e unidade de equipo.
A hípica é un deporte moi completo con moitos beneficios para @s miúd@s: desenvolvemento da musculatura, mellora da coordinación, equilibrio e sentido da orientación, aumento da confianza e seguridade en sí mesmos, mellora da concentración e disciplina, respecto polos animais e responsabilidade.
O Club Hípico de Santiago bríndanos moitas opcións para desfrutar:
- clases de equitación que se adpatan a todos os niveis e idades: iniciación e perfeccionamento nas disciplinas de salto de obstáculos e doma clásica.
- Poni Club a partir de 2 anos, con cabalos e ponys adecuados a súa estatura e fortaleza e monitores cualificados.
- Aulas de natureza
- Campamentos vacacionais,
- Bautismos hípicos,
- Celebracións de aniversarios e festas infantís, as instalacións e o entorno son ideais para celebrar diferentes eventos: aniversarios, festas, etc… dun xeito diferente e especial en contacto coa natureza.
- domingos en familia…
O Club Hípico de Santiago de Compostela dispón dunhas amplas instalacións: 30 boxes, 10 padocks de descanso, 2 padocks de eguas de cría, 2 guardarneses, 2 pistas: unha interior e outra exterior, unha tribuna interior, terraza exterior, aparcadoiro para usuarios, camións e remolques, zona social, cafetería e vestiarios con duchas.
Con todas estas actividades…hai unha para vos seguro! Non dubides en achegarte e desfrutar.
Podes contactar para ampliar información no teléfono: 649502673
Ás miúdas enxeñeiras encantoulles! E tí, a que esperas? #LogoNonDigadesQueNonVosAvisamos.
Sen comentarios