
22 Mar CHARLA “Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos” con LAURA PERALES BERMEJO
Que? CHARLA “Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos” con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela.
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas… Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día!
límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos…, sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa
crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia.
A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.
A “mamitis” é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés.
As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.
Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo…algo se che remove dentro…non podes perderte esta charla.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate!
Comparte e participa!
Moitas grazas!
Sen comentarios