
28 Xan Compostela MIÚDA organiza unha charla-obradoiro con LAURA PERALES
Se a ti che pasa igual como a min, escollimos a persoa perfecta para que te acompañe, para que che dea novos estímulos, para que che preste a súa axuda, para que che ofreza ferramentas ou outra perspectiva, nos momentos nos que non sabes como seguir ou que facer. Neses momentos nos que che gustaría saír á rúa e gritar ou nos que tranquilamente te preguntas como se podería facer doutro xeito.
Dende Compostela MIÚDA, organizamos unha charla-obradoiro con LAURA PERALES BERMEJO, de Crianza Autorregulada!!!
Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich, impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.
Esta charla-obradoiro vai sobre a COMUNICACIÓN C@S NEN@S.
Apuntade as vosas dúbidas e vinde o sábado 20 de febreiro de 11:00 a 14:00h a Escola Unitaria na Calzada de San Pedro s/n en Compostela para ter a oportunidade de traballar con Laura a comunicacion c@s vos@s fill@s.
IMPORTANTE:
Prezo: 15€ por persoa e 25 por parella antes do 10 de febreiro, despois 20€ persoa e 30€ parella.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción. Para máis información consulta abaixo na imaxe ou mandanos un correo a compostelamiuda@gmail.com
Grazas por ler, compartir e participar!
Sen comentarios