Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Xogos na rúa para celebrar o Día Internacional do Xogo

28 Maio de 2017 / 11:00 h. - 14:30 h.

GAIA DOS NENOS SAE Á RÚA A XOGAR!
Queremos celebrar o Día Internacional do Xogo promovendo o xogo libre e na rúa, así como a reutilización de materiais de refugallo e/ou de elementos da natureza para o descubrimento de novos mundos.

Para iso deseñamos dúas actividades para nenas e nenos no marco Mercado Compostela Eco que se celebrará na Praza Roxa na fin de semana do 27 e 28 de maio.

Para nenas e nenos de entre 12 e 36 meses :
DESCUBRINDO MUNDOS: XOGO HEURÍSTICO
Duración: 1h
Máximo participantes: 10 nen@s (+1 acompañante por cada nen@)

Para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos
MUNDOS IMAXINARIOS EN MINIATURA: CONSTRUÍNDO MINIMUNDOS
Duración: 1h 30min
Máximo participantes: 10 nen@s (+1 acompañante por cada nen@)

Se queredes vir xogar con nós é imprescindible que formalicedes a inscrición a través de info@gaiadosnenos.com

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
28 Maio de 2017
Hora:
11:00 h. - 14:30 h.
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/282783972166086/

Lugar

Praza Roxa
Praza Roxa
Santiago de Compostela, A Coruña Spain
+ Google Map