Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

XARDÍNS PORTÁTILES

16 Setembro de 2017 / 17:00 h.

€3

No marco da exposición Da árbore á cadeira centrámonos nas características da paisaxe galega e propomos un obradoiro para dar a coñecer as plantas que se dan espontaneamente no monte Gaiás, en particular aquelas que poden ser reutilizadas pola súa función ornamental.

Por que non utilizar plantas espontáneas para construír xardíns? Este é o desafío proposto! Aprender a identificar as plantas; onde e como poder recollelas, como reproducilas e que tipo de coidados necesitan. Cada participante creará o seu propio xardín portátil, que levará para a súa casa para aprender e gozar do seu coidado.

Descrición do obradoiro:

A actividade comezará cunha visita á exposición Da árbore á cadeira deténdonos especialmente na obra Specific Site, de Jorge Perianes que representa unha paisaxe antrópica artificial. Interpretaremos a biodiversidade dos bosques de flora autóctona a través dos vídeos e as obras pictóricas e fotográficas da mostra. Seguidamente, levarase a cabo unha saída de campo en busca das plantas ventureiras, aprenderemos a recoñecelas, como reproducilas e o seu potencial como especies ornamentais.

Finalmente terá lugar o obradoiro de creación do xardín portátil. Os participantes disporán de material vexetal en maceta para transplantar, así como substrato, abono, etc., ademais dun envase móbil para realizar e transportar o xardín.

Tras esta completa xornada levaremos para a casa un anaco do Bosque de Galicia co compromiso de coidalo con moito agarimo!

17 horas

Museo Centro Gaiás (Primeiro andar) e Bosque de Galicia

Entradas

Entrada: 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com (+gastos de xestión).

Billeteira (o día do evento): 4€. Sen posibilidade de acceso a descontos ou promocións.

Desconto do 20% para socios do Club Gaiás, Xubilados, Desempregados, Discapacitados, Familias numerosas, carné universitario e carné xove. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla e no teléfono 902 504 500.

Promocións. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla e no teléfono 902 504 500.

  • Pack Familiar (4×3): 9€.
  • Pack 3×2. 6€.

Info práctica

Público: nenas e nenos de 5 a 11 anos, acompañados dun adulto.

Aforo total: 15 persoas + acompañantes

Colaboración do arquitecto paisaxista Martín Toimil.

Recomendacións: Actividade parcialmente ao exterior, que pode modicarse se as condicións climáticas non son idóneas. Aconséllase roupa e calzado cómodo.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
16 Setembro de 2017
Hora:
17:00 h.
Coste:
€3
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xardins-portatiles

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/

Outro

Idade
Nenos (4-12 anos)