
“Viaxeiros de Peto”presentación do álbum ilustrado
14 Decembro de 2017 / 18:30 h.
O 14 de decembro ás 18:30h, no Centro Sociocultural do Ensanche en Santiago,terá lugar a presentación do álbum ilustrado “Viaxeiros de Peto”, dirixido a nenos e nenas de ata 7 anos aprox.
Ademáis de contar coa presenza das realizadoras deste proxecto, nesta tarde disfrutaremos da compaña de Soledad Felloza como contacontos e tamén poderemos ver a exposición das ilustracións e bocetos orixinais do libro que estarán expostas neste centro dende o 4 ao 29 de decembro.
Estades todos e todas convidados!!
Entrada libre ata completar aforo.
E recordade, de momento podedes atopar Viaxeiros de Peto nas librerías Couceiro, Follas Novas, Cronopios e Lila de Lilith de Santiago de Compostela ? Ou tamén podedes poñeros directamente en contacto connosco para conseguir o voso! ?