
Unha frauta chea de contos
7 Xaneiro de 2020 / 18:30 h. - 21:00 h.
Concerto de Ano Novo do Trío do Acivro
Concerto didáctico de frauta traveseira ofrecido desinteresadamente por Luis Soto, quen ocupa o posto de frauta-frautín na Real Filharmonía de Galicia.
O concerto ten unha parte didáctico-práctica na que o público infantil que se achegue á Biblioteca cun instrumento musical pode participar activamente. Os pequenos e pequenas poden desfrutar dun conto falado e tocado, á vez que se inician no
mundo da música clásica.
Como peche, o artista toca varias pezas para frauta, violín e violoncello cos seus fillos Lucas e Cecilia, integrantes do Trío do Acivro.
Dirixido a todos os públicos.No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.