Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Un outro mundo por descubrir: As viaxes de Irene.

11 Maio de 2017 / 18:00 h.

As actividades de animación á lectura que organiza a Concellaría de Educación e Cultura amósalles aos rapaces e rapazas, mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros. Esta programación de contos vaise a desenvolver ata finais do mes de maio. Este mércores, 10 de maio, ás 18:00 horas, a Biblioteca municipal do Milladoiro, acolle unha nova sesión de contos baixo o título Un outro mundo por descubrir: As viaxes de Irene. Durante este curso os contos non se centran nunha única temática, senón que durante cada mes abórdanse temas distintos, sempre relacionados con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter