Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

ROMARÍA CATIVA

20 Xullo de 2017

Gratis
Romaría cativa
Apertura ás 12:00h

12.30 e 17.30 h: Anxo Moure

3 a 6 anos
Un día os contos decidiron subirse a unha bicicleta. Os libros percorren rúas, bosques, prazas e praias para engaiolar a grandes e pequenos.
12.30 e 17.30 h: O gaiteiro bucólico
Escoitamos a historia de Pedro, o tátara-tátara-tátara neto dun músico que, coma outros moitos, caeu no esquecemento e do que herdou os seus instrumentos, os seus apuntamentos e os seus trebellos.
12.30 e 17.30 h: Percubebés
0 a 3 anos
Desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro é fundamental para medrar a nosa capacidade neuronal,
ademais de introducirnos na nosa cultura musical. E por que non comezar dende idade temperá?
13.30 h: Fantasías coas palabras
Unha aventura co abecedario. Os personaxes desenvolven escenas e cancións onde as letras son as protagonistas. Dous amigos descobren no faiado un feixe de “cachifallada” e un abecedario.
18.30 h: Te, chocolate, café
Unha fermosa proposta para xogar con aloumiños a través das cantigas. Unha actividade onde os máis pequenos da casa gozarán dunha viaxe sensorial a través de palabras, arrolos, música, poesía e teatro…
19.30 h:Sons miúdos
Unha volta polo panorama musical galego infantil a través dos máis importantes músic@s e cantantes (Magín
Blanco, Pablo Díaz, Gloria Mosquera, Paco Nogueiras, ana Senlle e Xoan Curiel). Conducido pola actriz Montse
Piñón e o actor Pepablo Patiño.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
20 Xullo de 2017
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/calendario.pdf

Lugar

parque Eugenio Granell
Santiago de Compostela, + Google Map

Outro

Idade
Bebés, Nenos (4-12 anos), Rapaces (13-17 anos), Adultos