Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Procura do Tesouro coa Tropa Verde

1 Xullo de 2017 / 10:00 h. - 14:00 h.

Este sábado, 1 de xullo, entre as 10:00 h e as 14:00 horas, desenvolverase na Praza do Concello de Bertamiráns unha iniciativa que versa fomentar a reciclaxe entre a veciñanza amesá. Entre as 10:00h e as 13:00 horas, haberá unha acción de rúa consistente no reparto de diferentes plantas como leitugas, repolos e brécol. Durante o reparto, tamén se entregarán estrelas (os cheques descontos válidos para as e os participantes do proxecto Tropa Verde) e aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.

A partir das 13:15 horas terá lugar o xogo “Procura do Tesouro coa Tropa Verde”, dirixido tanto a nenas e nenos, como a un público máis adulto. Para participar é preciso inscribirse cunha mensaxe privada no Facebook do proxecto, Tropa Verde, ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@tropaverde.org. Asemade, tamén será posible inscribirse o propio día na Praza do Concello. Á hora de realizar a inscrición, as e os interesados deberán facilitar o seu nome completo, un número de teléfono e o correo electrónico co que están dados de alta na Tropa Verde. Aquelas persoas interesadas en participar do xogo, mais que aínda non formen parte do proxecto Tropa Verde, poderán darse de alta,de maneira moi sinxela, a través da páxina web www.tropaverde.org ou o propio día do concurso, coa axuda do persoal da empresa Teimas Desenvolvemento.

Para as gañadoras ou gañadores do xogo haberá tres premios. O primeiro premio consiste nun xogo científico de casa solar (Science4you), un cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto, unha chapa da Tropa Verde de Ames e máis un cheque Tropa Verde con 10 estrelas. O segundo premio é semellante ao primeiro, só que inclúe un xogo científico de avión (Science4you), en vez do da casa solar. Por último, o terceiro premio non incluirá ningún xogo, mais si o cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto, unha chapa Tropa Verde de Ames e un cheque de Tropa Verde con 10 estrelas.

O proxecto Tropa Verde
Tropa Verde é un proxecto desenvolvido pola empresa Teimas Desenvolvemento, en colaboración coas empresas Urbaser e FCC. O seu obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local. Para formar parte da Tropa Verde é preciso inscribirse a través da web tropaverde.org.

As vantaxes de formar parte deste proxecto son varias. Así, cada vez que as e os integrantes do proxecto leven os seus residuos ao Punto Limpo do Milladoiro ou ben aos Mini-puntos limpos que están situados na avenida da Maía, en Bertamiráns, e na rúa Travesa do Milladoiro, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web (no caso dos Mini-puntos limpos, para obtelos, hai que subir unha fotografía depositando ditos residuo ás redes sociais da Tropa Verde ou ao enderezo info@tropaverde.org). Unha vez introducidos os códigos, as usuarias e usuarios recibirán uns puntos, denominados “estrelas”, que poderán trocar por produtos e descontos en 65 establecementos do concello de Ames. O proxecto xa está a ser desenvolvido en catro concellos galegos máis: Santiago, Lugo, Redondela e O Porriño.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
1 Xullo de 2017
Hora:
10:00 h. - 14:00 h.
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=15470&idioma=gl&sec=32

Lugar

Praza do Concello
Praza do Concello
Bertamiráns, Ames, A Coruña Spain
+ Google Map