Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

OUTONO, espectáculo de teatro-circo para toda a familia

6 Outubro de 2017 / 18:00 h.

€4

“Outono” é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

O venres, 6 de outubro, comeza a nova tempada de teatro infantil coa representación do espectáculo “Outono”, a cargo da compañía Pistacatro. Trátase dun espectáculo destinado a toda a familia. A representación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. As entradas para esta obra xa están á venda na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Ademais, resérvanse o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo. O prezo é de 4 euros.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
6 Outubro de 2017
Hora:
18:00 h.
Coste:
€4
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/evento.php?evento=3394&idioma=gl&sec=33

Lugar

Casa da Cultura do Milladoiro
Travesía do Porto s/n. Milladoiro
Ames, A Coruña 15895 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 535 942
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/areas_cultura_centros.php?idioma=es