Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: Pescando contos

23 Setembro de 2017 / 12:00 h.

Gratis

Sesión de narración oral con Fátima Villamel.

O mar, o misterioso mundo oceánico é o epicentro desta sesión. Contos salgados, mollados, contos vellos e novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das nosas rías e tamén de mares remotos.
Mergullarémonos nun mar de historias, nadaremos polas profundidades e sairemos á superficie para coller aire, remataremos salgados e empapados de palabra.

No salón de actos, para nenos e nenas maiores de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter