Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Obradoiros de máscaras

13 de Febreiro / 10:30 h. - 13:30 h.

€3

En 2018 a Cidade da Cultura amplía a súa oferta de actividades de carnaval e, ao xa tradicional baile, engádense dous obradoiros de máscaras destinados a nenos e nenas de entre 9 e 11 anos. Partindo das máscaras do entroido galego tradicional (pantallas, cigarróns, xenerais do Ulla ou peliqueiros), traballaremos en reinterpretalas desde unha perspectiva libre, creando deste xeito unha obra única e xenuína. Os rapaces e rapazas participantes deixarán vía libre á súa creatividade para fabricar a súa propia máscara, experimentando con diferentes formas e materiais e empregando obxectos cotiás e de refugallo, como teas, cartón, moqueta ou latas de refresco.

A temática do Entroido Mareiro do Gaiás tamén estará moi presente nesta actividade e tanto as ilustracións da ‘mitra’ como outros elementos accesorios das máscaras estarán relacionados co mundo do mar. Os obradoiros realizaranse en dúas quendas, o 12 e o 13 de febreiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas e as prazas son limitadas.

Destinado a nenos e nenas de 9 a 11 anos. Necesario traer unha pequena merenda para o descanso e unha botella de auga.

 

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
13 de Febreiro
Hora:
10:30 h. - 13:30 h.
Coste:
€3
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/obradoiros-de-mascaras

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/