Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Obradoiro Literario Para Nenos E Nenas De Nove a Doce Anos

17 Abril de 2017 / 18:30 h.

Gratis

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal ofréceche participar nun obradoiro literario dirixido a nenos e nenas de nove a doce anos que se celebrarará os primeiros e terceiros luns de abril e maio: o 3 e 17 de abril e o 15 de maio ás 18.30 h na Sala Infantil. Para poder participar nel requírese inscrición previa (ata un máximo de 10 persoas) chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca.

Esta actividade, coordinada por Lourdes Nóvoa, ten por obxectivo espertar nos nenos o interese pola lectura e animalos a explorar as historias que contan os libros. Ler e escribir convértese así nunha actividade lúdica que parte dos propios intereses dos nenos xa que a actividade está aberta ás propostas que os pequenos participantes queiran facer. A primeira das lecturas será Félix, Félix de Hanna Johansen que conta a historia dun gato aventureiro que non se conforma con levar unha vida cómoda ao carón dos seus donos e bótase á rúa para descubrir mundo. Alí atopa todo un universo descoñecido: gatos vagabundos, rivalidades, pelexas e unha gata fermosa que será a súa compañeira de aventuras. Un libro para descubrir e namorarse dos felinos.

Lourdes Nóvoa Garrido, voluntaria do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, é licenciada en Odontoloxía cunha gran paixón pola lectura e a escritura dende que era unha nena. Ten realizado cursos de escritura creativa e análise de textos descubrindo os maravillosos segredos que gardan os libros.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
17 Abril de 2017
Hora:
18:30 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/1760561480939926/

Lugar

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 999 401
Sitio web:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl