Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Obradoiro A bailar con Pesdelán

5 de Outubro / 18:00 h.

O vindeiro venres, 5 de outubro, o Pazo da Peregrina acollerá ás 18.00 horas o obradoiro “A bailar con Pesdelán”, no que as familias con nenos e nenas, guiadas por Montse Rivera, poderán gozar, rir, bailar e coñecer novas/os compañeiras/os de baile. As inscricións para esta actividade, que chega a Ames da man do programa Apego, poderán realizarse a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos, un teléfono de contacto e a idade das persoas participantes. O prazo de inscrición remata o xoves, o 4 de outubro.

A través do programa Apego, a Concellaría de Normalización Lingüística ofrece ás familias con nenos e nenas rematar o ano con diversas actividades como, charlas, contacontos, teatro ou foliadas. Así, o vindeiro venres, 5 de outubro, realizarase o obradoiro “A bailar con Pesdelán mini”, unha actividade dinámica, participativa e didáctica dirixida ao público infantil acompañado de adultos. Nela, mediante a música, o baile e a aprendizaxe de xogos sinxelos, búscase recuperar e poñer en valor o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia, converténdoas nun público activo. Guiados por Montse Rivera riremos, bailaremos e coñeceremos novos e novas compañeiras de baile.

Pesdelán naceu en 2008 coa teima de substituír o concepto de público-espectador polo de público-participante, propoñendo para iso un espectáculo divertido que recupera o espírito das festas de toda a vida. Levan publicados dous deuvedés – “Na punta do pé” e “Entroidanzas”– que teñen a súa correspondencia con obradoiros ao vivo coma o que chegará ao Pazo da Peregrina este venres, 5 de outubro. Nese caso trátase de “A bailar con Pesdelán mini”, no que se prescinde da parte musical en directo mantendo a parte dos puntos e movementos do baile galego e doutros lugares. A entrada e participación na actividade son gratuítas.

Para participar neste obradoiro é preciso inscribirse a través dun correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto das persoas participantes. O prazo de inscrición desta actividade remata o próximo 4 de outubro.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
5 de Outubro
Hora:
18:00 h.
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=16953&idioma=gl&sec=32

Lugar

Pazo da Peregrina
Av. da Peregrina, 16
Bertamiráns, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 88 30 02
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal