Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

O poder de Amabel

30 Decembro de 2016 / 19:00 h.

Espectáculo infantil de monicreques cun obradoiro opcional previo de títeres.

Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Texto: Victoria Pérez, a partir de Érica Esmorís

Sinopse: Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial Outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.

Peza de actores e monicreques. Os monicreques son Amigurumis, unha tendencia ou moda xaponesa que consiste en tecer bonecos mediante a técnica de crochet ou ganchillo.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
30 Decembro de 2016
Hora:
19:00 h.
Sitio web:
http://www.cultura.gal/gl/evento/25415/13/31803

Lugar

Salón Teatro
Rúa Nova, 34
Santiago de Compostela, 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 867 229
Sitio web:
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/