
O magosto con Nano
22 Novembro de 2018 / 17:30 h.
Raquel Queizás
Chegou o outono, Nano dá choutos sobre as follas de cores mentres canta:
“Outono bonito
folliñas no chan
castañas asadas
que ricas están”
Estades todas e todos convidados ao magosto con Nano! Unha nova edición dos Nanocontos que se nos presenta en
estrea.
De 1 a 6 anos
Inscrición do 9 ao 15 de novembro no dlg@santiagodecompostela.gal
25 prazas