Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

O día máis curto

21 Decembro de 2018 / 18:30 h.

Celebramos o Día da Curtametraxe no solsticio de inverno, o día máis curto do ano.

El día + corto é un evento anual que xa se celebra con éxito noutros países europeos. O obxectivo principal é dar a coñecer a curtametraxe ao público a través de proxeccións de balde nas rúas e en todo tipo de espazos: prazas, colexios, museos, hospitais, comercios, bares, etc.

Evento aberto, a escala nacional, organizado pola Coordinadora del Cortometraje Español.

Na sala infantil ás 18.30h
Para o público infantil proxectamos o Europe Kids Program, programa de curtas infantís europeas, confeccionado por Short Circuit, a rede europea de distribuidores de curtas. Un programa especialmente pensado para os máis pequenos con 8 curtametraxes de animación, sen diálogo, provenientes de Croacia, Francia, Eslovenia, Italia, Francia, Portugal, Holanda e España.

No salón de actos ás 19.30h
Para persoas adultas proxectamos “La cabina” de Antonio Mercero. Falecido o 12 de maio deste ano, é probablemente un dos creadores máis importantes e influentes da historia do audiovisual español. A súa curtametraxe “La Cabina” (1972) pasou á historia como o único Emmy (os Oscars da Tv. que concede a Academia de Televisión Americana) conseguido por unha produción española (ata que hai uns días a serie La casa de papel obtivo o segundo) e por ser a primeira produción de RTVE vendida a todo o planeta.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
El día más corto

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
21 Decembro de 2018
Hora:
18:30 h.
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/304912530350683/

Lugar

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 999 401
Sitio web:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl