Cargando Eventos

« Volver ao calendario

O crebanoces

27 de Decembro / 17:00 h.

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara colle un enorme disgusto. Para consolala o seu pedriño cóntalle a historia do boneco, xa que o Crebanoces é, en realidade, un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann, e no que se emprega a música que creou Tchaikowsky, soando por enteiro a suite do Crebanoces. O espectáculo está dirixido a público familiar co que os rapaces e rapazas pasaranno fenomeal en compañía dos seus pais, avós, amigos…

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
27 de Decembro
Hora:
17:00 h.
Sitio web:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/o-crebanoces

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/