Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

O CONTO DA AZUZAINA

18 de Marzo / 18:30 h.

€4
Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia. Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para gozar en familia.
O conto da azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar.O músico e o científico precisan compartir o cuarto de caldeiras, ese espazo de intimidade, ese escondedoiro onde tocar e experimentar sen a mirada dos seus familiares. Alí as matemáticas son o punto de unión entre ciencia e música e, posiblemente, a forma de entender que para cada familia existe unha fórmula diferente.

Mediante operacións simples (suma, resta, multiplicación e división) tentarán entender as historias familiares que lles chegan a través dos tubos da caldeira. Historias anónimas o as súas historias… Quen sabe?

Un espectáculo no que Jose Carlos e Herminio experimentan a diversidade, sorprenden a tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

Ficha do espectáculo: 

Autoría e creación: Ana Carreira e Fran Núñez

Dirección: Fran Núñez

Escenografía: Ángela Yáñez e Mey López

Deseño de son: José Carlos Illanes e Fran Núñez

Deseño de iluminación: Fran Núñez

Vestiario: Paz Yáñez

Música: José Carlos Illanes

4 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 euros

De 8 a 12 anos
Duración aproximada 50 min.

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter