Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Nexos infantil: O aforismo e a beleza da síntese

4 Marzo de 2017 / 12:00 h.

Gratis

Qué é unha síntese? Vivimos no mundo e na era da inmediatez, da mensaxe curta, directa e memorable. Falaremos de Hipócrates, e de como foi o primeiro en definir un concepto que agora, por mor de twitter, está de plena actualidade.

Dunha caixa sacaremos dous conceptos ao chou, que cada quen deberá unir nunha frase con sentido que cabería nun tweet. Doutra caixa extraeremos refráns a medias, que deberán atopar a súa parella nun baile sen coreografía onde cada quen vai procurando esa outra metade. Distinguiremos entre adagio, apotegma, máxima, proverbio, refrán e sentenza, e crearemos os nosos propios, que iremos espallando pola sala, facendo unha intervención no espazo da sesión deste Nexos Infantil.

Procuraremos aforismos de autores importantes, que combinaremos cos nosos, escribíndoos e ilustrándoos, nesta intervención.

Actividade para rapaces de 5 a 12 anos

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
4 Marzo de 2017
Hora:
12:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nexos-infantil-o-aforismo-e-beleza-da-sintese

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/

Outro

Idade
Nenos (4-12 anos)