Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Nexos Infantil de 2018: A renovación da música portugesa

16 de Xuño / 12:00 h. - 14:00 h.

€2

Sesión de NEXOS INFANTIL dedicada ao ouvido, á voz e ao ritmo.

Situaremos Portugal no mapa, falaremos da súa cultura, do parentesco lingüístico co galego e poremos en común as nosas experiencias e coñecementos relacionadas co país veciño e realizaremos un mural no que plasmaremos toda a información compilada.

Guiadas por vídeos e cancións, as crianzas asistentes a esta sesión realizarán unha viaxe pola música portuguesa, para coñecer o fado (dende o máis tradicional ao máis moderno), a nova canção portuguesa, Madredeus  e mesmo a bandas de actualidade como TheGift ou Deolinda.

Para rematar, aprenderemos algunhas cancións infantís tradicionais portuguesas, como Todos os Patinhos sabem bem nadar.

2 € por sesión.

  •  Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos de Ataquilla e en www.ataquilla.com (+gastos de xestión).
  • Descontos: do 20% para familias socias do Club Gaiás, familias das empresas do CEM Gaiás, familias en situación de desemprego ou pertencentes a familias numerosas. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla e no teléfono 902 504 500.
  • Promocións: As persoas que asistiron ás 3 primeiras sesións contan cun código para descargar de balde unha entradas para as dúas últimas.

 

Info práctica

 Nexos Infantil está dirixido a nenos/as de entre 5 e 12 anos de idade. No caso de que a cativada sexa menor deste tramo de idade, pode participar se vai acompañado/a dun titor ou familiar.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
16 de Xuño
Hora:
12:00 h. - 14:00 h.
Coste:
€2
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nexos-infantil-de-2018-renovacion-da-musica-portugesa

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/