Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Nexos infantil: Arquitectura. A influencia da Escola de Porto

13 Maio de 2017 / 12:00 h.

Gratis

Mediante xogos realizaremos un achegamento á utilidade e definición da arquitectura reflexionando en común sobre para que serve a arquitectura, para que as casas e edificios… Compararemos imaxes de casas, rematadas e sobre planos, de arquitectura de todo tipo, dende a tradicional casa galega, ata casas modernas máis vangardistas e espectaculares, para chegar á escola de Porto e analizar as súas particularidades e repercusión.

Descubriremos os edificios que esta escola deixou na nosa cidade, sobre todo da man de Álvaro Siza, e xogaremos a reproducir o estilo deste arquitecto nun proxecto de creación propia.

Logo faremos un mural con estes proxectos da nosa imaxinación e finalmente construiremos as nosas propias maquetas ou deseños empregando a plastilina

Actividade para rapaces de 5 a 12 anos

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
13 Maio de 2017
Hora:
12:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nexos-infantil-arquitectura-influencia-da-escola-de-porto

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/

Outro

Idade
Nenos (4-12 anos)