Cargando Eventos

« Volver ao calendario

MARTIÑA SOÑADORA / Concerto infantil

30 de Maio / 12:30 h.

XOVES 30 / 12.30H / Praza de Cervantes
Martiña soñadora son Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute dos nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s.
Con ‘Martiña soñadora’ bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés.
Todas as cancións son orixinais do grupo.
Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como é o caso de Bailabanda e A Pequena e grande orquestra, e Carlos Gil conta tamén con unha ampla experiencia na música para cativos e cativas, forma parte de grupos como OViravai entre outros. Xuntos exploran estilos e ritmos que sen dúbida farán gozar ao público infantil e familiar.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Praza de Cervantes
Praza de Cervantes
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map