Cargando Eventos

« Volver ao calendario

IRA E O ROBOT / Concerto infantil

2 de Xuño / 12:30 h.

DOMINGO 02 / 12.30H / Praza de Cervantes
Sira e o robot. Adventures on Titan é un espectáculo musical e multilingüe baseado
no libro-disco do mesmo título editado por Xerais en abril de 2015. Unha maneira
lúdica e didáctica de achegarse ao inglés, nun contexto de convivencia lingüística
onde tamén se escoita chinés, francés e alemán.
Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións vanse sucedendo de maneira espon-
tánea no interior desta aventura espacial chea de humor e misterio dirixida a un
público infantil de entre 6 e 12 anos.
Á parte musical do proxecto están:
Mark Alan Wiersma: Vista, California (1976). Profesor, tradutor e músico. O seu primei-
ro libro-disco infantil, Goat’s Riverboat, foi publicado nos Estados Unidos.
Miguel Mosqueira: Lalín (1982). Profesor, escritor e músico. Forma parte do grupo
musical Ataque Escampe, Premio de Galicia Martín Codax da Música 2014, na cate-
goría de pop.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Praza de Cervantes
Praza de Cervantes
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map