Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Gran Gala de Circo de Nadal

4 de Xaneiro / 18:00 h.

€5

Como gran colofón a esta quincena dedicada ao circo temos pensada unha despedida por todo o alto. Unha Gran gala do Circo que se trata, á vez, dunha acción solidaria coa Asociación Iniciativa Social Berce.

Neste maxestuoso compendio de espectáculos veredes a grandes artistas do novo circo galego desenvolver o seu potencial creativo na mellor tradición dos espectáculos de variedades, onde se mesturarán malabares, cancións, humor, monólogos e acrobacias, aéreos e… o máis difícil aínda!

Ademais será nesta gala onde se lle dean os premios aos gañadores do Concurso de Postais de Nadal.

En definitiva un gran peche de festa que fará que tanto pequenos como maiores queden no padal deste Nadal co bo sabor da maxia do circo.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
4 de Xaneiro
Hora:
18:00 h.
Coste:
€5
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/es/node/4717

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/