Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

FESTIGAL, espazo infantil

25 de Xullo / 16:30 h.

  • 16:30 Dani García. Don Gelati
    Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados co seu carriño e con gañas de sacarlles un sorriso ás persoas que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derretan.
    Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe as palabras e a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con gran mobilidade e sen necesidades técnicas externas.
  • 17:15 Obradoiro de enredos sonoros con Oli Xiráldez en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos
  • 18:15 Obradoiro de monicreques en colaboración con Viravolta Títeres.
  • 19:10 Radio Bule Bule. Paco Nogueiras. Radio BULEBULE é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka Editora, en que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convídavos a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntas un grande éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
25 de Xullo
Hora:
16:30 h.
Sitio web:
http://festi.gal/espazo-infantil/

Lugar

Campus Sur
Spain