Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

FESTEO

10 de Xuño

o vindeiro domingo 10 de xuño celébrase na Carballeira de Francos (Calo) o FesTeo 2018, a gran festa da sociedade de Teo. Nos últimos días pecháronse os detalles da programación, que comeza ás 12:00 horas. Xusto a esa hora, a primeira actuación será a do grupo de guitarra da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Despois, ás 12:30 horas, intervirán Chévere, Aspamite e a Banda Cultural de Teo. Ás 13:15 horas, ofrecerase unha mostra de break dance e ás 13:30 horas será o momento de ver o grupo Batuko Tabanka, de folclore de Cabo Verde.

Xa pola tarde, ás 16:15 horas actúan As Pandeireteiras de Cruceiro do Monte e ás 16:30 horas Pesdelán coa súa proposta de música familiar. Para as 17:00 horas están programadas na capela as actuacións das corais e dos grupos de teatro. E a partir das 18:00 horas desenvolverase a mostra de música e baile tradicional de Teo, coas agrupacións da Mámoa, a AC Rosalía de Castro de Cacheiras, a SR de Calo, A Regionalista e A Pontevella.

Concerto de Sés

Para rematar a xornada, ás 20:30 horas comezará o concerto da cantautora coruñesa María Xosé Silvar ‘SES’. Ao igual ca o resto da xornada, o acceso será libre e gratuíto.

Coincidindo co FesTeo celébrase tamén na Carballeira de Francos a Feira da Terra, organizada pola asociación veciñal Carballeira do San Martiño. Entre as 12:00 e as 18:00 horas contará con postos de alimentación e artesanía, a iniciación de roteiros para a infancia, diversos obradoiros con actividades de lecer para nenos e nenas e persoas maiores, exhibición de drons e mostras deportivas de skate, taekwondo e fútbol americano.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter