Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Festa de Reis: Concello de Ames

5 de Xaneiro / 17:00 h.

O venres, 5 de xaneiro, as nenas e nenos amesáns celebrarán a chegada dos Reis Magos cunha festa especial, que terá lugar nos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns. Previamente, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns, co obxectivo de deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas. Desde alí, partirán en cabalgata ata os pavillóns, onde se celebrarán tres grandes espectáculos aéreos, de pompas e con aros. No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca.

Un ano máis os Reis Magos pasarán por Ames antes de repartir os agasallos que cada neno e nena lles pediu nas cartas que escribiron previamente. Para recibir aos Magos de Oriente o Concello de Ames está preparando unha gran festa que este ano recolle varias novidades. Primeiro, os Magos de Oriente serán recibidos nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello, en Bertamiráns, ás 18:00 horas, onde asinarán no libro de sinaturas do Concello de Ames.

De seguido, percorrerán as rúas do Milladoiro (Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto) e de Bertamiráns (praza do Concello, avenida da Maía e avenida da Peregrina). Posteriormente, farase unha recepción real nos pavillóns polideportivos do Milladoiro, ás 17:30 horas, e de Bertamiráns, ás 18:30 horas, cunha gran festa de luz e de son, onde se celebrarán tres espectáculos: de pompas, con aros e aéreos.

No recibimento aos Reis nos pavillóns tamén haberá chocolate con rosca. Os pavillóns municipais estarán abertos media hora antes da chegada das súas maxestades os Reis Magos. Ademais, os rapaces e rapazas de Ames poderán fotografarse con Melchor, Gaspar e Baltasar. Serán máis de 90 minutos de entretemento a cuberto e no que tamén se entregarán os premios do concurso de cartas de Nadal.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter