Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Espectáculo musical-Fíos do querer

19 Maio de 2017 / 18:00 h.

Gratis

A Concellaría de Normalización Lingüística está organizando para o vindeiro venres, 19 de maio, ás 18:00 horas, un espectáculo musical participativo denominado “Fíos do querer”, que se vai desenvolver na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade está dirixida aos bebes e nenos/as de 0 a 6 anos, acompañados de unha ou dúas persoas adultas. As inscricións poderanse facer ata o 15 de maio enviando un coreo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal co nome e idade do neno/a e un número de teléfono de contacto. Enviarase un correo coa confirmación da praza solicitada.

Fíos do querer é un espectáculo musical participativo, para cantar e bailar, tecido coas agullas máxicas do amor, da lingua, dos bicos, dos aloumiños e das primeiras experiencias compartidas e celebradas. Esta actividade está dirixida a bebes e nenos/as de 0 a 6 anos, que acompañados dos seus pais, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, facer palmiñas, xirar, brincar… O espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros naturais logrando, entre pequenos e grandes, armar unha pequena orquestra.

Neste espectáculo, Cé orquestra pantasma, a partir da personaxe de home orquestra, ofrece un formato musical agarimoso axeitado para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e a actitude de confianza, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, conseguen namorar a miúdos e grandes dende o comezo do espectáculo.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
19 Maio de 2017
Hora:
18:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/evento.php?evento=3328&idioma=gl&sec=33

Lugar

Casa da Cultura de Bertamiráns
Praza Chavián, 1. Bertamiráns
Ames, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 890 514
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/areas_cultura_centros.php?idioma=es

Outro

Idade
Bebés, Nenos (4-12 anos)