Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Escape Room na Biblioteca. Aniversario de Rosalía de Castro

24 Febreiro de 2017 / 18:00 h.

Gratis

O Escape Room é un xogo de aventuras físico e mental no que un grupo de xogadores son encerrados nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando a historia e conseguir “escapar” antes de que remate o tempo dispoñible.

Axudade a Rosalía a atopar o seu manuscrito. Tedes 30 minutos para solucionar o enigma. Se non o conseguides quedaredes encerrados na biblioteca para sempre.

Hai dúas oportunidades, ás 18h e ás 19 h, pero non podedes repetir!

Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.
É preciso inscribirse chamando ao teléfono 881 999 401 ou no mostrador do andar baixo da biblioteca.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
24 Febreiro de 2017
Hora:
18:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/236582603457850/

Lugar

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 999 401
Sitio web:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl