Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Elisa no mundo das marabillas

5 de Xuño / 18:00 h.

Gratis

Exposición do conto Elisa no mundo das marabillas, elaborado integramente polas trinta persoas que conviven no centro residencial da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP) e publicado pola editorial Galaxia en marzo de 2017. No taller artístico xorde este libro entusiasta e optimista que se elaborou integramente, desde o deseño das súas ilustracións ata os textos.

Agora, a exposición achégase á biblioteca para que Elisa chegue ata a capital galega e sexa coñecida polos nenos e nenas de Santiago.

A exposición pode visitarse no vestíbulo ata fin de mes.

A inauguración terá lugar o 5 de xuño ás 18h no vestíbulo da biblioteca. Cando remate o acto, poráse o vídeo de como se realizou e farase o contacontos Elisa no mundo das marabillas na sala infantil.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala, tanto á inauguración como ao contacontos.
http://www.apamp.org/

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
5 de Xuño
Hora:
18:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/560868864313439/

Lugar

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 999 401
Sitio web:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl