Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Educación e docencia no século XXI. Ciclo de conferencias: “As escolas que cambian o mundo”

9 Febreiro de 2017 / 20:00 h.

Gratis

O proceso de cambio social que vivimos actualmente require que pais, nais e educadores esteamos preparados para asumir novos modelos de educación e os novos retos que presentan, por iso desde Afundación deseñamos un ciclo de conferencias que ofrece información fresca e alternativa sobre novos estudos máis acordes coas sociedades actuais e, concretamente, cos intereses e habilidades das persoas. O ciclo arranca no mes de xaneiro co experto Javier Urra e continúa en febreiro con César Bona, ao que seguirán outros especialistas ao longo do ano para afondar en diferentes temas relacionados coa educación e a docencia.

Ourense. 18 de xaneiro. 20.00 h. Javier Urra, «A educación, a mellor das vacinas».

Ferrol. 19 de xaneiro. 20.00 h. Javier Urra, «A educación, a mellor das vacinas».

A Coruña. 8 de febreiro. 20.00 h. César Bona, «As escolas que cambian o mundo».

Santiago de Compostela. 9 de febreiro. 20.00 h. César Bona, «As escolas que cambian o mundo».

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter