Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Día dos Museos 2017

20 Maio de 2017

Gratis

A Cidade da Cultura conmemora o vindeiro 20 de maio os cinco anos de actividade cultural do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde entre as 12:30 e as 20 horas que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros e exposicións.

Ademais de botar a vista atrás e recordar a traxectoria do Museo en forma de cartaces, o eixe central sobre o que xire esta xornada será a exposición Da árbore á cadeira, nunha homenaxe á madeira e as súas artes. Así, ademais de poder descubrir esta mostra a través de percorridos comentados, os visitantes descubrirán outros 33 prototipos realizados polos alumnos de deseño de centros de FP e Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia na mostra Artesáns da madeira: as novas xeracións. Tamén de madeira serán os xogos tradicionais como a chave ou os birlos que, desde primeira hora, estarán no Museo Centro Gaiás para goce de grandes e pequenos. Durante toda a tarde terán lugar tamén tres obradoiros para fomentar a creatividade dos máis pequenos: de papiroflexia, robots en cartón e de láser grafiti.

Finalmente, o Día dos Museos complétase cunha sesión vermú cortesía de Petroni amenizada por un DJ de luxo: Delafé e a súa magnífica selección de música soul, funk, hip hop e indie internacional.

Programa

12:30 – 20:00 | Artesáns da madeira: as novas xeracións.

12:30 – 20:00 | Xogos tradicionais.

13:30h | Sesión vermú por cortesía de Petroni e amenizada por Delafé DJ Set.

16:30 | Visita familiar á mostra Da árbore á cadeira.

16:30 -20:00 | Obradoiro de papiroflexia.

16:30, 17:45 e 19:00 | Obradoiro de robots en cartón.

16:30 – 20:00 | Obradoiro de láser grafiti. Sete pases (16:30, 17, 17:30, 18, 18:30, 19, 19:30).

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
20 Maio de 2017
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/dia-dos-museos-2017-0

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/

Outro

Idade
Bebés, Nenos (4-12 anos), Rapaces (13-17 anos), Adultos